Saltar ao contido

Río Sir Daria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Sir Daria
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaUzbekistán Editar o valor en Wikidata
División administrativaCazaquistão do Sul, Casaquistán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaQyzylorda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónNorth Aral Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°54′00″N 71°45′27″L / 40.9, 71.7575
46°09′15″N 60°52′25″L / 46.1542, 60.8736
Afluentes
Kosonsoy (en) Traducir, Arys River (en) Traducir, Keles River (en) Traducir, Chirchiq (en) Traducir, Angren River (en) Traducir, Kara Darya (pt) Traducir, Rio Naryn (pt) Traducir, Rio Sokh (pt) Traducir, Khodzhabakirgan (en) Traducir, Potshaata (en) Traducir, Ak-Suu River (Syr Darya) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.212 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica219.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal703 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Sir Daria (en casaco: Сырдария; en taxiko, Сирдарё; en uzbeko, Sirdaryo; en árabe, سيحون - Siːħuːn) é un río de Asia Central, que flúe en direccións O e NO a través de Uzbekistán, Taxiquistán e Kazakhstán até desaugar no mar de Aral Norte. É o Orexartes ou Yaxartes das fontes clásicas grecorromanas.

Nace no extremo leste de Uzbekistán, pola confluencia dos ríos Naryn e Kara Daria. Ten unha lonxitude de 2212 km, mais co río Naryn, alcanza os 3078 km que o sitúan entre os 30 ríos máis longos da Terra. Drena unha ampla conca de 782 669 km², aínda que actualmente apenas 200 000 km² contribúen realmente coas súas augas á corrente principal.

Historia e etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Sir Daria ao seu paso por Juyant en Taxiquistán.

Os antigos gregos coñecíano cos nomes de Jaxartes ὁ Ιαξάρτης (este nome foi transmitido logo aos romanos a través dos autores gregos) e Orexartes. Delimitaba o límite setentrional das conquistas de Alexandre o Grande, que chegou ás súas ribeiras e fundou en 329 a.C. a cidade de Alexandría Escate (literalmente, «a Alexandría máis afastada») como gornición permanente. Na realidade, soamente mudou o nome (e, posiblemente, ampliou) á cidade de Ciropolis, fundada polo rei Ciro o Grande de Persia máis de dous séculos antes. A cidade é actualmente coñecida como Khujand.

O nome actual provén do idioma persa (سیردریا, Yakhsha Arta, que significa o «Grande anacarado», unha referencia á cor da auga do río) e foi empregado dende hai moito tempo en Oriente. Porén, é máis recente na literatura occidental: antes do século XX, o río era coñecido por varias versións do seu antigo nome en grego.[1]

En escritos islámicos medievais, o río era coñecido como Sayhoun (سيحون), un dos catro ríos do Paraíso (o Amu Daria era coñecido tamén como Khayhoun, o nome doutro dos catro).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Sir Daria, correspondente á conca endorreica do mar de Aral, ten dúas fontes na montaña de Tian Shan (en mandarín, a «montaña celeste»): o río Naryn (807 km), en Kirguizistán, e o río Kara Daria (177 km), no leste de Uzbekistán. O río percorre uns 2 212 quilómetros a través de Kazakhstán, en dirección oeste e norte-sur, ata desembocar no mar de Aral. O seu caudal anual é moi modesto, soamente uns 37 km³ por ano, a metade do Amu Daria.

No camiño rega os cultivos de algodón máis fértiles de toda Asia central e pasa polas cidades de Kokand, Khujand, Kyzylorda e Turkestan.

Un extenso sistema de canles, algúns construído no século XVIII polos kans de Kokand, discorren a través das rexións por onde flúe o río. A masiva expansión da rega durante o período soviético para regar o algodón reduciu o caudal do río e foi a causa dun desastre ecolóxico na rexión: o desecamento do mar de Aral.[2] Con millóns de persoas agora establecidas nestas áreas de algodón, non está claro como se poderá rectificar a situación.

Ao longo do seu percorrido, enche o encoro de Kayrakum, en Taxiquistán, o encoro de Chardara, en Kazakhstán, e o máis pequeno encoro de Farkhad, en Uzbekistán. No río Naryn, o seu tributario máis importante, atópase o grande encoro de Toktogul e os máis pequenos de Kambarata. No seu outro tributario, o río Kara Daria, atópase o encoro de Andiján, en Uzbekistán.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. As formas Sir-Daria e Amu-Daria recóllense xa en francés a finais do século XVIII, no artigo do «Supplément de Panckoucke» da Encyclopédie consagrado ao mar de Aral (tomo primeiro, páx. 512):
    Il [le lac d'Aral] reçoit deux grands fleuves, l'ancien Jaxartes, appellé [sic] aujourd'hui Sir-Daria ; & l'ancien Oxus, nommé Amu-Daria.
  2. International Crisis Group. "Water Pressures in Central Asia Arquivado 20 de maio de 2016 en Wayback Machine.", CrisisGroup.org. 11 de setembro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]